top of page

Sesión 1

Nesta primeira sesión, dividímonos en diferentes grupos e debíamos debatir primeiro entre os membros/as do grupo os factores positivos/negativos do emprego das tic na aula. Despois realizamos unha posta en común, onde un representante de cada grupo dicía unhas razóns ou outras.

Posteriormente explicáronnos que debíamos realizar unha maqueta que recollera os obxectivos 4, 5 e nos no noso caso eleximos tamén o 11, da axenda 20/30, esta trátase de un plan de acción a favor das persoas, o planeta e a prosperidade, adoptada pola Asemblea Xeral da ONU, paara lograr un desenvolvemento sostible.

Estes obxectivos recollen:

  • Educación de calidade: este trátase do obxectivo 4, que fala acerca da necesidade de que a poboación teña unha educación axeitada, coas ferramentas necesarias para ser quén de resolver problemas. Algunhas das razóns da falta dunha educación de calidade son a escasez de profesionais capacitados e as malas condicións das escolas de moitos lugares.

  • Igualdade de xénero: este trátase do obxectivo 5, a igualdade entre os xéneros non só se trata de un dereito humano fundamental, si non a base necesaria para conseguir un mundo pacífico, próspero e ao mesmo tempo sostible. É necesario establecer novos marcos legais que establezan a igualdade entre homes e mulleres e que erradique definitivamente coas desigualdades nos diferentes ámbitos; laboral, doméstico, social, etc..

  • Cidades e comunidades sostibles: hai unha serie de problemas para que as cidades sigan xerando postos de traballo e sigan sendo prósperas; e ao mesmo tempo sexan respetuosas coa terra e os recursos naturais.

Captura de pantalla 2019-06-20 a las 11.
S_SDG_Icons-01-11.jpg
S_SDG_Icons-01-04.jpg
S_SDG_Icons-01-05.jpg

*Coa cor vermella pódese ver as aportacións realizadas polo resto de compañeiros/as, as de cor negro son as realizadas por nós mesmas.

bottom of page