top of page

Recursos para traballar coa PDI da nosa aula

As Pizarras Dixitais Interactivas (PDI) forman parte xa de miles de aulas en todo o mundo, se embargo, a pesar das infinitas posibilidades que nos ofrecen, este recurso educativo non é aproveitado pola gran maioría dos e as docentes como se debería.

Sabías que non é necesario ter unha PDI a man para deseñar recursos para a aula?

Basta con descargarche un software no teu computador e poderás empezar a crear todo aquilo que se che pase pola cabeza.

Neste curso descubrimos dous softwares existentes para traballar con PDI, o Open- Sankore e o Active Inspire. O primeiro é gratuíto, facil de utilizar e permítenos deseñar para calquera modelo de lousa. O segundo, co que nós traballamos, é de pago, pero ofrece unha proba gratuíta de 60 días perfecta para comezar a descubrilo.

No noso caso deseñamos unha serie de actividades relacionadas co Obxectivos número 7, 11 e 13 da Axenda 2030 da ONU, o mesmo sobre o que trata a nosa maqueta. Ademais, cabe destacar que utilizando a función de capas deseñamos os fondos acorde coa temática e introducimos música conforme a opción que marque o alumno (correcta, incorrecta…). Unha delas pode observarse nas seguintes imaxes.

 

 

Animámosche a explorar e probar estes softwares, pois o noso recurso é só unha pequena mostra do que podemos crear facilmente para traballar na aula. Que recurso gustaríache deseñar? Tes xa algunha idea en mente?

 

Por certo, se queres saber como vai a nosa maqueta comezamos a darlle forma, xa temos o bosquexo debuxado sobre a táboa e os edificios construídos. Iremos contando avances en próximas entradas.

bottom of page